benvidos

jueves, 22 de noviembre de 2012

DE MAIOR....BOMBEIRO!

Xa puxemos os cascos e saímos no camión vermello... Foi moi divertido coñecer cousiñas dos bombeiros como o seu uniforme, o coche de bombeiros, os extintores que temos na escola, as operacións de rescate, o teléfono de emerxencias... e sabedes, a súa profesión é moi importante porque salvan vidas. De maior...SEREMOS BOMBEIROS, porque xa estamos listos para O RESCATE!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

SOMOS BOMBEIROS!!

Que emoción!! Estamos a investigar para comezar un novo proxecto sobre os bombeiros... Somos moi listiños e xa veredes que cousiñas imos facendo para aprender un pouquiño máis dunha profesión tan importante, pois sabedes, fan moitíiiisimas máis cousas que apagar o lume... Nuns días xa veredes cómo nos divertimos... e sobre todo, esperamos a súa visita no noso colexio.

COMEMOS CASTAÑAS!!!

Mmmmmm que ricas as castañas asadas... Mirade que bonitos nos quedaron os cestiños que fixemos para comelas... Empregamos un cartón de leite e trociños de tela que atopamos no noso caixón desastre...e listo! Pintamos uns adornos e pegámolos para decoralos e deixalos asi de bonitos... A que son moi guais?

O SAMAÍN

Ai que medo.... Non sabedes o que disfrutamos asustando e inventando relatos terroríficos... Mirade os nosos contiños... e non vos asustedes coas pantasmas nin cos esqueletes....porque SOMOS NÓS!!! UUUuuuuuuuu!!!!