benvidos

miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL!

Queremos desexarvos unhas boas festas! Non vos preocupedes, que estaremos de volta o ano que vén. BO NADAL AMIGUIÑOS!

ARDE A ESCOLA!

Fume, fume... fogo na escola!!! Tranquilos xa están aquí os bombeiros!Que camións máis grandes...e mirade como subía a escaleira, foi abraiante! E rescataron a unha nena que quedou atrapada! Pasámolo moi ben e sabedes que, polo noso traballo déronnos un diploma. Agora sí xa estamos listos para salvar vidas. VIVAN OS BOMBEIROS!!!

OS BOMBEIROS AO RESCATE!

Hoxe tivemos unha inesperada visita...e non sabedes a ilusión que nos fixo! Chegaron os bombeiros coas súas sirenas...Valoramos o voso esforzo e traballo! Moitas grazas pola vosa visita, e sobre todo, pola paciencia e o tempo que nos adicastes.

domingo, 16 de diciembre de 2012

UN NADAL INVERNAL!

Ai que frío temos...porque xa está aquí o inverno!! Pero o que máis nos gusta desta estación é que chegou o Nadal!Así que só nos queda abrigarnos e disfrutar!