benvidos

miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL!

Queremos desexarvos unhas boas festas! Non vos preocupedes, que estaremos de volta o ano que vén. BO NADAL AMIGUIÑOS!

ARDE A ESCOLA!

Fume, fume... fogo na escola!!! Tranquilos xa están aquí os bombeiros!Que camións máis grandes...e mirade como subía a escaleira, foi abraiante! E rescataron a unha nena que quedou atrapada! Pasámolo moi ben e sabedes que, polo noso traballo déronnos un diploma. Agora sí xa estamos listos para salvar vidas. VIVAN OS BOMBEIROS!!!

OS BOMBEIROS AO RESCATE!

Hoxe tivemos unha inesperada visita...e non sabedes a ilusión que nos fixo! Chegaron os bombeiros coas súas sirenas...Valoramos o voso esforzo e traballo! Moitas grazas pola vosa visita, e sobre todo, pola paciencia e o tempo que nos adicastes.

domingo, 16 de diciembre de 2012

UN NADAL INVERNAL!

Ai que frío temos...porque xa está aquí o inverno!! Pero o que máis nos gusta desta estación é que chegou o Nadal!Así que só nos queda abrigarnos e disfrutar!

jueves, 22 de noviembre de 2012

DE MAIOR....BOMBEIRO!

Xa puxemos os cascos e saímos no camión vermello... Foi moi divertido coñecer cousiñas dos bombeiros como o seu uniforme, o coche de bombeiros, os extintores que temos na escola, as operacións de rescate, o teléfono de emerxencias... e sabedes, a súa profesión é moi importante porque salvan vidas. De maior...SEREMOS BOMBEIROS, porque xa estamos listos para O RESCATE!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

SOMOS BOMBEIROS!!

Que emoción!! Estamos a investigar para comezar un novo proxecto sobre os bombeiros... Somos moi listiños e xa veredes que cousiñas imos facendo para aprender un pouquiño máis dunha profesión tan importante, pois sabedes, fan moitíiiisimas máis cousas que apagar o lume... Nuns días xa veredes cómo nos divertimos... e sobre todo, esperamos a súa visita no noso colexio.

COMEMOS CASTAÑAS!!!

Mmmmmm que ricas as castañas asadas... Mirade que bonitos nos quedaron os cestiños que fixemos para comelas... Empregamos un cartón de leite e trociños de tela que atopamos no noso caixón desastre...e listo! Pintamos uns adornos e pegámolos para decoralos e deixalos asi de bonitos... A que son moi guais?

O SAMAÍN

Ai que medo.... Non sabedes o que disfrutamos asustando e inventando relatos terroríficos... Mirade os nosos contiños... e non vos asustedes coas pantasmas nin cos esqueletes....porque SOMOS NÓS!!! UUUuuuuuuuu!!!!

miércoles, 10 de octubre de 2012

VOAN AS FOLLAS!

Estes días estamos moi ledos e andivemos na procura de folliñas. E que esta nova estación está chea de cores, de formas, de sabores...Queremos descubrir todos os seus segredos, e por iso, mirade as "cousiñas" que andivemos facendo na escola. Disfrutade da maxia do outono!

CORES DE OUTONO

Hola amiguiños, estamos de volta para dar "cor" ao noso outono. Xa vedes que fermosa é a paisaxe con esa mistura de cores. Agora só queda disfrutar e vivir esta estación. BENVIDO OUTONO!

jueves, 31 de mayo de 2012

QUE VOE A IMAXINACIÓN!

Estes días na escola andivemos a enredar e xa vedes que traballos tan bonitiños fixemos...a verdade é que nesta estación todo se enche de cores, e disfrutamos xogando con cores e formas para realizar cousiñas moi bonitas. É moi sinxelo... só deixamos voar a nosa imaxinación!

OS NOSOS DISEÑOS!

Chegaron os días calurosos, e sacamos as nosas mellores galas! Mirade que guapiños nos puxemos con esta roupa tan veraniega! Por un día fumos diseñadores e encantounos descubrir o ben que lucimos os nosos modeliños!

martes, 24 de abril de 2012

CELEBRAMOS AS OLIMPIADAS!

Encendimos a chama olímpica! E recibimos con gran ilusión a chegada dos atletas gregos que traen a antorcha olímpica para inaugurar na escola as Olimpiadas. Imos ser por uns días uns grans atletas...e xa sabedes, que o máis importante non é gañar...senón DIVERTIRNOS XOGANDO!

viernes, 30 de marzo de 2012

BENVIDA A PRIMAVERA

Sabedes que xa están a saír as flores, iso é que... CHEGOU A PRIMAVERA! A nós encántanos coller flores! Por iso, fixemos un tarro cunhas flores que pintamos de cores! ¿A que nos quedaron moi bonitas?


viernes, 23 de marzo de 2012

GLU....GLU... GLU... BUCEANDO!

Xa vedes que aprendimos a bucear... e non vexades o divertido que é! Agora procurade non tropezar cos peixiños e demais animaliños que por aquí nos atopamos... Animádevos porque hoxe... HAI QUE MOLLARSE!


BAIXO O MAR DE CORME!

Saímos nun submarino surcando o mar de Corme... e que fermosas criaturas nos atopamos! É realmente maravilloso poder coñecer a vida que se esconde debaixo dos nosos mares! Mergulládevos connosco e disfrutade dunha gran viaxe ao un mundo de emocións únicas! GLU...GLU... GLU...

miércoles, 21 de marzo de 2012

OS NOSOS AMIGUIÑOS!

Mirade que ben nos quedaron os animaliños!! A verdade é que nos encantou descubrir o mundo dos animais!Non dubidedes en querelos e coidalos.
Moitas grazas aos papis e mamis pola vosa axuda!


martes, 13 de marzo de 2012

Nacen de ovos ou da barriga? ANIMAIS OVIPAROS E VIVIPAROS

Estamos moi ilusionados nun novo proxecto...descubrindo cómo nacen os animais, sabedes que algúns nacen de ovos? outros nacen da barriga de súa nai!Ui e maman coma nós...son MAMÍFEROS! Como nos divertimos! En breve esperamos ensinarvos as cousiñas que fixemos!

martes, 21 de febrero de 2012