benvidos

jueves, 16 de mayo de 2013

PINTAMOS E DISFRUTAMOS

Aquí estamos entre cores, pinceis, cadros... facendo o que máis nos gusta: PINTAR! E tamén mancharnos e disfrutar de mesturar cores e máis cores. Xa veredes, que bonitiños nos quedaron cando vaiades a vernos ao museo de Corme! Porque o que máis nos gusta e que vós admiredes todo o que nós facemos con tanta ilusión.

UN GRAN CARTEL!

Xa temos o noso cartel para levar ao museo. Nel sae o nome da exposición e como non... saímos todos os nenos e nenas pintando como uns grandes artistas que somos! Esperamos que vos guste!

Entradas para todos!

Queremos invitar a todas as persoas que queiran coñecer as obras dos nosos artistas. Animádevos!

martes, 14 de mayo de 2013

VIVAN OS MUSEOS!

O vindeiro 18 de maio é o día internacional dos museos... e nós estamos a traballar un proxecto vencellado ao museo de arte contemporánea de Corme. Por uns días seremos pintores como Julio Pujales e empregaremos óleos, acuarelas, acrílicos... para dar vida aos nosos propios cadros. E como artistas que somos faremos unha exposición no museo de Corme o vindeiro 31 de maio! Esperamos a vosa visita!