benvidos

domingo, 23 de junio de 2013

BOAS VACACIÓNS!!

Xa están aquíi....as vacacións! Disfrutade un montón. As mestras de Infantil despídense de vós agradecéndovos todo o voso cariño. Ata outra amiguiños!

sábado, 1 de junio de 2013

UNHA TARDE NO MUSEO

E despois de tanto esperar... chegou o gran día! Aquí estamos no museo inaugurando a nosa exposición. Moitas grazas a todas as persoas que acudiron a visitarnos. Agradecer aos nosos compañeiros, mestres, familias, e ao concello de Ponteceso por participar connosco neste proxecto, pero sobre todo, por crer nos nosos nenos e nenas como uns GRANDES ARTISTAS!

jueves, 16 de mayo de 2013

PINTAMOS E DISFRUTAMOS

Aquí estamos entre cores, pinceis, cadros... facendo o que máis nos gusta: PINTAR! E tamén mancharnos e disfrutar de mesturar cores e máis cores. Xa veredes, que bonitiños nos quedaron cando vaiades a vernos ao museo de Corme! Porque o que máis nos gusta e que vós admiredes todo o que nós facemos con tanta ilusión.

UN GRAN CARTEL!

Xa temos o noso cartel para levar ao museo. Nel sae o nome da exposición e como non... saímos todos os nenos e nenas pintando como uns grandes artistas que somos! Esperamos que vos guste!

Entradas para todos!

Queremos invitar a todas as persoas que queiran coñecer as obras dos nosos artistas. Animádevos!

martes, 14 de mayo de 2013

VIVAN OS MUSEOS!

O vindeiro 18 de maio é o día internacional dos museos... e nós estamos a traballar un proxecto vencellado ao museo de arte contemporánea de Corme. Por uns días seremos pintores como Julio Pujales e empregaremos óleos, acuarelas, acrílicos... para dar vida aos nosos propios cadros. E como artistas que somos faremos unha exposición no museo de Corme o vindeiro 31 de maio! Esperamos a vosa visita!

martes, 9 de abril de 2013

CABALIÑOS DE MAR

Mirade que bonitos nos quedaron os cabaliños de mar que fixemos mezclando cores. Son moi sinxelos, mesturamos cores brillantes e quedáronnos uns cadros preciosos!

jueves, 4 de abril de 2013

O MAR NO MUSEO

Collede entrada que hoxe visitamos o museo de Belas Artes. O nome da exposición " O mar no museo" .Saímos abraiados das cousiñas que alí fixemos. Vimos cadros mariños, contáronos contos e imaxinamos soños, coñecimos un mundo cheo de creatividade e ilusión. Xa sabedes, que todos SOMOS ARTISTAS!

A CASA DOS PEIXES

Que contentos estamos! Imos de excursión ao aquarium de Coruña, e vimos un montón de peixes, ao noso amiguiño o tiburón Gastón, démoslle de comer as focas... pero sobre todo, disfrutamos un montón!

sábado, 16 de marzo de 2013

Mergullámonos no mar!

Andivemos argallando e xa vedes que cousiñas fixemos estes días. Mergullámonos para coñecer as profundidades do mundo mariño... son abraiantes e moi fermosas, unha maravillosa mistura de cores!

jueves, 28 de febrero de 2013

UN GOLFIÑO SALTARÍN!

Amiguiños, no mar de Corme apareceu un golfiño! Que ledos estamos porque andamos a investigar estes mamíferos mariños que son tan cariñosos e saltaríns! Xa sabemos algunhas cousiñas pero imos aprender un montón máis!

viernes, 8 de febrero de 2013

BENVIDA AO ENTROIDO!

Xa están aquí os bombeiros listos para o rescate, pero sobre todo, para dar a benvida ao entroido.

OS BOMBEIROS DE CORME

Mirade que guapiños estamos! Moitas grazas as familias pola vosa participación e o entusiasmo que puxemos tod@s para que hoxe disfrutemos dun gran día.

miércoles, 30 de enero de 2013

UN GRAN DÍA

Os nenos e nenas de Corme queremos aportar o noso sorriso no día da paz. Hoxe máis que nunca SORRIDE!

viernes, 25 de enero de 2013

Facemos o pingüino!

Mira que somos pingüinos! Pois estes días coa chegada do frío, andivemos enredando no maravilloso mundo destes simpáticos animaliños, que viven no lugar máis frío do mundo: a Antártida! Disfrutade amiguiños e FACEDE O PINGÜINO!

miércoles, 16 de enero de 2013

Un pingüino na escola!

Chegaron dende a Antártida os pingüinos! Así que nós imos acollelos e investigar sobre como viven, como nacen, que especies hai... E sabedes, son as únicas aves que non voan! Xa sabedes, esta semana IMOS FACELO PINGÜINO!