benvidos

viernes, 30 de marzo de 2012

BENVIDA A PRIMAVERA

Sabedes que xa están a saír as flores, iso é que... CHEGOU A PRIMAVERA! A nós encántanos coller flores! Por iso, fixemos un tarro cunhas flores que pintamos de cores! ¿A que nos quedaron moi bonitas?


viernes, 23 de marzo de 2012

GLU....GLU... GLU... BUCEANDO!

Xa vedes que aprendimos a bucear... e non vexades o divertido que é! Agora procurade non tropezar cos peixiños e demais animaliños que por aquí nos atopamos... Animádevos porque hoxe... HAI QUE MOLLARSE!


BAIXO O MAR DE CORME!

Saímos nun submarino surcando o mar de Corme... e que fermosas criaturas nos atopamos! É realmente maravilloso poder coñecer a vida que se esconde debaixo dos nosos mares! Mergulládevos connosco e disfrutade dunha gran viaxe ao un mundo de emocións únicas! GLU...GLU... GLU...

miércoles, 21 de marzo de 2012

OS NOSOS AMIGUIÑOS!

Mirade que ben nos quedaron os animaliños!! A verdade é que nos encantou descubrir o mundo dos animais!Non dubidedes en querelos e coidalos.
Moitas grazas aos papis e mamis pola vosa axuda!


martes, 13 de marzo de 2012

Nacen de ovos ou da barriga? ANIMAIS OVIPAROS E VIVIPAROS

Estamos moi ilusionados nun novo proxecto...descubrindo cómo nacen os animais, sabedes que algúns nacen de ovos? outros nacen da barriga de súa nai!Ui e maman coma nós...son MAMÍFEROS! Como nos divertimos! En breve esperamos ensinarvos as cousiñas que fixemos!